Como xa sabedes estamos tentando facer unha escola de iniciados, na que se poderá aprender a tocar a gaita e tamén a percusión (tambor, panderetas, bombo,...). Xa temos un grupiño de xente para ir empezando pero gustaríanos que ese grupo aumentase, polo que anímovos a todos a que veñades a aprender a tocar un instrumento tradicional. Lembramos que a idade non é un problema para nós, xa que contamos con nenos dende os 6 anos ata adulto de 60 así espero que deixedes a vergoña a un lado e nos acompañedes.
martes, 29 de septiembre de 2009
Festival Folclórico da Agrupación
Este domingo día 4 do outubro, como algúns xa saberedes, o Grupo de Baile Cotogrande ira a bailar o Encontro Folclórico que cada ano organiza a Agrupación de Centros Culturais de Vigo. Ademáis do nos grupo ese día acompañarannos os grupos folcloricos de outros centros culturais, Rueiro, Os Ventos de Comesaña, Átlántida de Matamá e Froles Novas. Polo que poderemos disfrutar do achegamento ao folclore tradicional que fai cada unha das agrupacións que nos acompañarán. Ademáis será un día enriquecedor para os membros de tódolos grupos porque poderemos ver como traballan os compañeiros doutros centros culturais para manter viva a nosa tradición. Coido que será unha xornada moi interesante polo que os invito a que veñades a vernos, non solo a nós senón a todos os que traballamos a favor da nosa cultura e tradición.
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
Bembrive,
cotogrande,
folclórico,
gaita,
grupo de baile
jueves, 17 de septiembre de 2009
Mostra do que temos
Pinchando aqui podedes ver unha xotiña tradicional que temos as maiores do Grupo de Baile e montamos este inverno pasado, esperamos traballar moito e facer otras pezas novas coma esta ou incluso mellores. Espero que vos guste e os animades a vir a baillar con nos ou a vernos en directo nas próximas ocasión
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
grupo de baile
sábado, 12 de septiembre de 2009
Actuacións Inverno 2009-2010
Para este inverno, e de aqui a final de ano hai previstas duas actuación unha do grupo de baile e outra do grupo folclórico ao completo. O día 4 de Octubre o grupo de baile irá o Feltival do Centro Cultural de Bembrive e o día do Pilar, 12 de Octubre, iremos a Festa do Polvo do Caeiro. A ver si este ano nos dan polvo, ainda que sexa para probalo que para algo imos a bailar a Festa do Polvo non?
Pouco a pouco irán aparecendo outras actuación que se unirán a estas para que podamos divertirnos un pouco no inverno que de aqui ao proximo verán inda queda un cacho.
Pouco a pouco irán aparecendo outras actuación que se unirán a estas para que podamos divertirnos un pouco no inverno que de aqui ao proximo verán inda queda un cacho.
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
fume de caroso,
grupo de baile
Empezando
Estamos a empezar a nova temporada, este vai ser un novo ano de traballo e espero que moi productivo. Teremos actuacións coma sempre, pero creo que tamén teremos novidades. Falamos de facer un serán e parece que a máis de un gustoulle a idea e apollaránme para levala a cabo, así que a ver se montamos unha boa, que seguro que si vendo o efecto que tivo solo de pensar en face-lo. Pero bueno xa se andará pouco a pouco que Roma non se fixo nun día e é necesario polo menos planificalo ben para que os erros, que os haberá, sexán os mínimos. Así que xa os irei informando.
martes, 1 de septiembre de 2009
Nova temporada
Despois da Romería do Pan de Millo e como cada ano empezamos nova temporada. Fume de Caroso empeza hoxe e o grupo de baile Folclórico Cotogrande de Cabral a partir do próximo día 14 de setembro. Así que convidamos e animamos a todo aquel que lle guste e interese aprender a bailar ou tocar algún instrumento o pode facer, non importa a idade, que como xa sabedes o grupo está formado por nenos dende os tres anos ata maiores de máis de 60, pero non sabemos canto máis. Se te sintes con ganas non o penses duas veces e anímate a pasar un bo rato con nós.
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
grupo de baile
Suscribirse a:
Entradas (Atom)