martes, 1 de septiembre de 2009

Nova temporada

Despois da Romería do Pan de Millo e como cada ano empezamos nova temporada. Fume de Caroso empeza hoxe e o grupo de baile Folclórico Cotogrande de Cabral a partir do próximo día 14 de setembro. Así que convidamos e animamos a todo aquel que lle guste e interese aprender a bailar ou tocar algún instrumento o pode facer, non importa a idade, que como xa sabedes o grupo está formado por nenos dende os tres anos ata maiores de máis de 60, pero non sabemos canto máis. Se te sintes con ganas non o penses duas veces e anímate a pasar un bo rato con nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario