Este domingo día 4 do outubro, como algúns xa saberedes, o Grupo de Baile Cotogrande ira a bailar o Encontro Folclórico que cada ano organiza a Agrupación de Centros Culturais de Vigo. Ademáis do nos grupo ese día acompañarannos os grupos folcloricos de outros centros culturais, Rueiro, Os Ventos de Comesaña, Átlántida de Matamá e Froles Novas. Polo que poderemos disfrutar do achegamento ao folclore tradicional que fai cada unha das agrupacións que nos acompañarán. Ademáis será un día enriquecedor para os membros de tódolos grupos porque poderemos ver como traballan os compañeiros doutros centros culturais para manter viva a nosa tradición. Coido que será unha xornada moi interesante polo que os invito a que veñades a vernos, non solo a nós senón a todos os que traballamos a favor da nosa cultura e tradición.
martes, 29 de septiembre de 2009
Festival Folclórico da Agrupación
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
Bembrive,
cotogrande,
folclórico,
gaita,
grupo de baile
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario