Se o tempo nolo permite mañá mércores a partir das 20:00 do seran, o Grupo de Baile Cotogrande de Cabral actuará no Casco Vello. Entre a Praza da Pedra e a Igrexa da Colegiata. Imos coma sempre dispostos a animar a tódolos que se atrevan a ver a nosa actuación a pesar do frio e o vento, se chove teremos que suspender a actuación, polo que estamos atados ás inclemencias do tempo. Temos ganas de pasar un tempo de lecer xuntos nesta época de nadal polo que imos dispostos a disfrutar e facer disfrutar a quen veña a vernos, eso si se o tempo nolo permite.
martes, 29 de diciembre de 2009
domingo, 6 de diciembre de 2009
ACTUACIÓN EN A LAMA
O próximo domingo, 13 de decembro, pola mañá o grupo de gaitas Fume de Caroso terá unha actuación no centro penitenciario de A Lama. Tentaremos alegrarlle un pouco o nadal a xente que por un motivo ou outro está ali, cousa que a nós pouco nos importa. O único que nos importa e queremos é que disfruten e o pasen ben coa nosa música, que para iso vamos non?. Todos a portarse ben que sinon algún ainda a de quedar alí dentro.
Etiquetas:
folclórico,
fume de caroso,
gaita,
música,
tradicional
martes, 1 de diciembre de 2009
ACTUACIÓN BERBÉS
Para rematar este ano 2009 o próximo día 30 de decembro temos unha actuación do grupo de Baile Cotogrande no Berbés as 19:30. Coido que é unha boa forma de despedir o ano facendo o que nos gusta e todos xuntos, que máis podemos pedir? Pois que a meteoroloxía se poña de noso lado e que non chova nin faga moito frío, porque cos pes fríos non se baila ben. E que teñamos unha boa afluencia de público disposto a aplaudir a nosa actuación. Coma sempre quedades todos convidados a pasar un bo rato con nós.
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
grupo de baile,
tradicional
Suscribirse a:
Entradas (Atom)