Esta tarde no Centro Cultural e Recreativo de Cabral faremos unha festa folk, na que actuaremos nós, fume de caroso, e como convidado especial teremos ó grupo folk Xistra de Coruxo. Un convidado moi especial para nós porque entre os compoñentes de Xistra atópase Xurxo, o noso mestre e amigo. Sera un serán para disfrutar da boa música, dos amigos e divertirse e pasar un bo rato que é unha das cousas máis importantes. Quedades todos convidados a participar neste acto no que procuraremos non se aburra ninguén.
sábado, 27 de marzo de 2010
ESTAMOS DE VOLTA
Ainda que levamos un tempo desconectados isto non significa que non continuémos traballando, máis ben ao contrario. Estivemos traballando para poder empezar un ano cheo de actuación para paslo ben e que o pasedes ben con nós, que ese é o noso principal obxetivo. Como recopilación destes meses en branco podemos dicir que o grupo de gaitas fume de caroso sigue traballando moito para ser cada día mellores; o grupo de baile Cotogrande vai sobre rodas, cada días o pasamos mellor e eso nótase porque tamén facémolo mellor. E para rematar, pero non menos importante a escola de música tradicional é xa case un grupo de gaitas, e tócana que da gusto oilos. Prometemos seguir informando de tódalas novas unha por unha, sen escepción.
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
escola,
folclórico,
fume de caroso,
g,
gaita,
grupo de baile,
música,
tradicional
martes, 19 de enero de 2010
ACTUACIÓN NA MACEIRIÑA
Comenzamos o ano con actuacións, ainda que a estas alturas do ano tentamos traballar para no verán ter novas pezas que nsinarvos. O próximo domingo día 7 de febreiro actuaremos na Asociación de Veciños de Maceiriña. Temos moitas ganas, xa que actuamos na casa e na casa sempre nos tratan ben.
Ainda que estamos traballando de cara o verán haberá sorpresas para o noso público, o que sempre é fiel e nos acompaña alá onde vaiamos. Polo que anímovos a que asistades a vernos tanto se xa nos coñecedes coma senón. Ademáis estará convidado tamén o grupo de baile da Asociación de Veciños de Cabral e entre os dous seguro que amenizamos unha tarde de inverno, moito máis interesante que quedar na casa non si?
Etiquetas:
baile,
baile gallego,
cotogrande,
folclórico,
grupo de baile,
tradicional
Suscribirse a:
Entradas (Atom)