Comenzamos o ano con actuacións, ainda que a estas alturas do ano tentamos traballar para no verán ter novas pezas que nsinarvos. O próximo domingo día 7 de febreiro actuaremos na Asociación de Veciños de Maceiriña. Temos moitas ganas, xa que actuamos na casa e na casa sempre nos tratan ben.
Ainda que estamos traballando de cara o verán haberá sorpresas para o noso público, o que sempre é fiel e nos acompaña alá onde vaiamos. Polo que anímovos a que asistades a vernos tanto se xa nos coñecedes coma senón. Ademáis estará convidado tamén o grupo de baile da Asociación de Veciños de Cabral e entre os dous seguro que amenizamos unha tarde de inverno, moito máis interesante que quedar na casa non si?
XURXO GARCIA
ResponderEliminarA verdade e que eu apúntome. Xa sabedes que gusto de ben rodearme da xente da casa, agas de que este pesadelo de gaiteiro estará na amenización comentada (que raro) pero esta vez, acompañando a "Matamá Gaitas Band and Cómpani"
Vémonos o día 7 de febreiro na Maceiriña... se non nos víramos antes.
Pertas a todos