lunes, 22 de junio de 2009

Viaxe a Moreira

Bueno despoís do día de onte chegou o momento de comentalo, como xa sabedes onte fomos de viaxe a Moreira Portugal, fraguesía de Monçao. A viaxe estivo moi ben, como case todalas viaxes. O principal problema que tivemos e coido que o último foi o tempo, fixo demasiado calor; ata o mediodía levouse bastante ben, hai quen foi a catar a super bock e hai quen quedou a xogar toda a mañá. Despois disusemonos a xantar convidados polo grupo que nos acolleu un menú típico e variado que fixo as delicias de todos os que fomos. A partires do mediodía rozamos os cuarenta grados e morríamos de calor, e aínda para axudar máis non había unha árbora na que porse a sombra pero levouse como se puido e grazas a axuda dos país que mantiveron o grupo hidratado con auga dabondo non sólo para beber senón tamén para refrescarnos de cando en vez. Tentaremos que a próxima viaxe a Portugal o día 18 de xullo, como imaxino que saberedes sexa mellor que esta. Pola miña parte nada máis que dicir, ou eso creo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario