miércoles, 17 de junio de 2009

Sen acompañantes

Ó final non se reuniu o número necesario de xente para encher o autobús dos acompañantes, polo que tivo que anularse. A non ser que cada acompañante pague 50€ pola viaxe, o que creo que non vai a ser posible non é así? Espero que esta decisión non cause moitos trastornos aos acompañantes que querían ir no autobús, así como que todos os membros dos grupos tanto do grupo de baile Cotogrande de Cabral como de Fume de Caroso, vaian a actuación ainda que sexa sen acompoñantes. Xa que os acompañantes que nos queren mirar non son parte implicada do grupo, sempre serán benvidos e estamos encantados de que as nosas familias veñan a mirarnos pero o Centro Cultural non ten a obriga de financiala sua viaxe. A ver se para o 18 de julio podemos encher o autobús!

No hay comentarios:

Publicar un comentario