O Grupo Folclórico Cabral está composto por unha parte polo Grupo de Gaitas “Fume de Caroso”, có que podemos escoitar o son das gaitas, panderetas, bombo, tambor, cunchas, acordeón e piñas. Actualmente conta con un gran número de pezas do noso repertorio máis tradicional que van dende xotas, pasodobles, vals, rumbas, hata nosa internacional muiñeira. A maioría das pezas que compoñen o repertorio son coñecidas polo público asistente, polo que moitas veces non poden deixar de acompañar nosa música có cante tradicional de cada unha das pezas.
Por outro lado contamos có grupo de baile tradicional “Cotogrande”, composto a súa vez por tres grupos: nenos, maiores e adultos, este último de reciente creación, os seus membros son principalmente pais do alumnos e demostran que nunca é tarde se o dito é bo. Os bailes que executamos son tamén tradicionais como a coñecida muiñeira, xotas, ribeiranas, polcas e pasodobles. Todos eles cun alto nivel de exisencia na súa realización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario