lunes, 16 de noviembre de 2009

CEA DE NADAL

Como a maioria sabedes o próximo venres 27 de novembro teremos a cea de nadal coa que o Centro Cultural "páganos" polo traballo realizado durante todo o ano. A esta cea están convidados tódolos grupos do centro cultural: baile nenos, medianos, maiores e pais/nais; fume de caroso e tamén a escola de música tradicional. Será na Xoaniña despois do ensaio de fume ou sexa as dez e media aproximadamente. Así que espero veros a todos por alí, despois dicirme que non vos enterades, que hai que ter unha paciencia con vós.

sábado, 14 de noviembre de 2009

FIN DE SEMANA DE MAGOSTOS

Nesta fin de semana cea de magostos na maioría das parroquias da nosa cidade Fume de Caroso estará presente en dous dos que se celebrarán entre hoxe e mañá. Hoxe sábado iremos ao Magosto Popular da Asociación de Vesiños de Sárdoma e animaremola festa os veciños de dita parroquia a partir das seis do serán. Mañá domingo, estaremos no magosto da Asociación de Veciños de Parada Maceiriña animando a todos coa nosa música a partir das cinco e media do serán. E como non en ambolos dous disfrutaremos deste alimento homenaxeado que é a castaña acompañada dun bó viño, para quen lle guste. Vémonos nos actos desta fin de semá.

lunes, 9 de noviembre de 2009

PRIMEIRO MAGOSTO DO OUTONO


Tal e como estaba anunciado o pasado sábado, 7 de novembro, actuamos no primeiro magosto deste outono no Centro Cultural e Recreativo de Cabral, na nosa casa. Fixemos unha boa festa para acompañar os veciños que se congreraron ali a comer castañas e beber viño, que das duas cousas había fartura. Imaxinade que boa foi a festa que nin o alcalde de Vigo quixo perdela. Polo que algún tentou impresionar de máis non só o mencioado político senón tamén a cámara de Localia que viu a recollela noticia.

Como podedes observar estreamos os dichosos forros polares que tanto que falar deron. Despois de tanta leria parece que todos estamos contentos que eso é o importante. Así que agora deixo algunhas imaxes para que vexades o ghuapos que estábamos.