lunes, 26 de octubre de 2009

MÁIS MAGOSTOS

No mes das castañas imos de magosto en magosto e de festa en festa. A parte das que xa sabiades fume de caroso ten duas actuación máis para o próximo mes de novembro, en primeiro lugar o sábado día 14 no magosto de Sárdoma e o domingo día 15 na Maceiriña, polo que resumindo neste próximo mes de novembro estaremos en:
  • sábado 7 de novembro Centro Cultural de Cabral (Becerreira)
  • sábado 14 de novembro Asociación de Sárdoma
  • domingo 15 de novembro Asociación de veciños da Maceiriña
  • domingo 20 de decembro Centro Cultural de Cabral (Becerreira)

lunes, 12 de octubre de 2009

QUE GUSTO DA CANDO AS COUSAS SAEN BEN

Pois a verdade e que sí, que da moitisimo gusto ver que o traballo da os seus froitos e un énchese de orgullo e satisfacción. A reunión para formar a escola de gaita e percusión tradicional foi todo un éxito, o próximo sábado comezaremos a ensaiar a partir das 16:30 cun grupo, que non grupiño, de unhas quince persoas; coido que para empezar non está nada mal. Sinceramente non contábamos abrila escola ata principios do ano que ven, e moitisimo menos contábamos facelo con tanto aforo. É un bo motivo para estar ledo, non si? E por suposto seguimos a ter sitio para todo aquel/a que teña ganas para iniciarse na música tradicional.

ACTUACIÓN FESTA DO PULPO

Tal e como estaba anunciado hoxe actuamos no Caeiro (Cabral) na Festa do Pulpo que cada ano organiza no día do Pilar.A pesar da adversidade do terreo a actuación non saiu mal de todo; as nenas ao fin estrearon a súa Ribeirana e saiulles moi ben, todos estabamos esperando que chegase este día.
Non nos deixaron rematar a nosa actuación e botáronnos antes de tempo, pero case mellor porque facía un sol que rabiaba, caian os páxaros das árbores. Sen embargo foi un bo día no que estivemos xuntos, que non revoltos, facendo o que nos gusta. Pronto repetiremos, se nos deixan.

miércoles, 7 de octubre de 2009

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS DE FUME DE CAROSO

O grupo de gaitas fume de caroso terá, se non hai novas, catro actuación no que queda de ano que serán as seguintes:
  • 12 de outubro na Festa do Pulpo do Caeiro. Acompañado polo grupo de baile tradicional Cotogrande.
  • 7 de novembro no Magosto Popular do Centro Cultural e Recreativo de Cabral, Becerreira. 15 de novembro no Magosto Popular da Asociación de veciños da Maceiriña.
  • 20 de decembro no Festival Folclórico do Centro Cultural e Recreativo de Cabral, Becerreira. Acompañado polo grupo de baile tradicional Cotogrande.

Coma sempre os convidamos a que veñades a compartir con nós un bo rato.

martes, 6 de octubre de 2009

APERTURA DA ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL

Como xa os comentara este ano queremos abrir unha escola de música tradicional, na que todo/a aquel/a que queira poida aprender a tocar un instrumento tradicional. Coido que non esperábamos ter tan boa acollida con esta nova etapa do grupo, xa que non esperábamos abrila escola ata finais de ano ou principios do ano que ven. Pero para nosa alegria nun mes demos reunido a un grupiño de xente con ganas de aprender a tocar un instrumento tradicional. Polo que este sábado, 10 de decembro, faremos unha reunión as 17:00 no Centro Cultural e Recreativo de Cabral Becerreira. Na que nos coñeceremos, ainda que algúns xa son coñecidos, e veremos como traballaremos. O único que pedimos son ilusión e ganas de traballar, que é o que nos temos.

Así que o sábado mirámonos no Centro Cultural, as persoas que xa se animaron a participar nes te proxeecto, e as que se animen de aqui o sábado, que espero que me sorprendan e sexan moitas. Deica o sábado.

lunes, 5 de octubre de 2009

IV Festival Folclórico da Agrupación

Como ven sabedes onte foi a primeira parte do IV Festival Folclorico da Agrupación, na que actuamos o grupo de baile Folclórico Cotogrande de Cabral. Ainda que tivemos pouco tempo para a nosa actuación, solo 20 minutiños, tentamos mostrar ao público asistente o que na actualidade é o gupo de baile Folclórico Cotogrande de Cabral, dende a escola ata os máis veteranos. E coido que non me equivoco cando digo que non nos saiu nada mal. A pesar dos nervos que había, por ser os primeiros en bailar, unha vez enriba do palco olvidáronse ou disimuláronse o mellor posible. Conseguimos demostrar que con traballo e ganas podense facer cousas novas, sen por iso menguar a calidade do noso traballo. A miña enhoraboa para tódolos compoñentes do grupo que o fixeron moi ben. Espero veros a todos o próximo luns en O Caeiro na Festa do Polvo.