martes, 28 de julio de 2009

Por fin!!!


Xa non era sin tempo pero por fin temos unha tarxeta que nos gusta. Agora solo falta imprimila e listo, a repartir tarxetas a diestro e siniestro. Creo que nos representa bastante ben a todos por unha banda unha foto do grupo tanto de baile como de Fume de caroso e por outra banda unha gaita simbolo do noso folclore tradicional e que resulta sela gaita do noso mestre. Espero que sexa do gusto de todos e cada un senon mala sorte

lunes, 20 de julio de 2009

Case Todo un éxito

O viaxe a Esmoriz foi iso case todo éxito. O traxecto no autobús foi lento pero seguro, botamos de menos o conductor amable con todos da última viaxe a Portugal, pero bueno que se lle vai facer. Unha vez en Esmoriz disfrutamos dunha compañía agradable e deronnos ben de comer e beber. Fixo un pouco de frio e néboa antes da actuación, e coido que algunha o debe estar pagando agora
Finalmente bailamos e tocamos, que era o que se esperaba de nós, e saliu case todo ben, menos un churro que fixemos as maiores, das que menos se esperaba este tipo de cousas, pero bueno, o feito feito está e algo aprendemos disto seguro. A parte destes problemiñas creo que todos o pasamos ben; xa para rematar gustaría agradecer aos acompañantes a súa colaboración e respeto co grupo, e como non aos pais que son fans incondicionais, non só das suas fillas senón de todo o conxunto do grupo.

jueves, 9 de julio de 2009

Viaxe a Esmoriz

Estamos a preparalo viaxe a Esmoriz, que como sabedes imos a actuar alí o próximo sábado día 18 de xullo. Asi que queda aberto o prazo para quen queira acompañar ao grupo ata Porutugal, o prezo está por determinar xa que todo dependerá do número de persoas que se decidan a vir con nós. Que espero que sexan moitas, cantas máis millor. Pasaremolo moi ben e faremos unha visitiña a este pobo costeiro que como a mairía dos de Portugal ten que ser moi bonito, e despoís faremos o que nos gusta bailar e tocar, que en difina para iso imos. Sin máis solo queda dicir ANIMAIVOS que todo seredes benvidos.

domingo, 5 de julio de 2009

Festival Folcórico Internacional

De aqui a unha semana será o Festival Folclórico Internacional do Centro Cultural e Recreativo de Cabral. No que participaran os diferentes compoñentes do noso Grupo Folclórico, para escomenzar Fume de Caroso que terá novas no seu repertorio, si se atreven claro. Despois da actuación do grupo convidado de Portugal será o turno do Grupo de Baile Cotogrande de Cabral que tamén terá novas como coreografías, novos compoñentes e creo que unha das cousas máis importantes e a estrea do grupo dos pais que seguro que o farán moi ben, e demostrarán que nunca é tarde se o dito é bo. Así que nos vemos o próximo domingo.